La prensa popular gallega: Un eslabón para la participación ciudadana
View/ Open
Date
1997Author
López García, José Ramón
Metadata
Show full item record
Zer 2(3) : (1997)
Abstract
Nos últimos anos consolidouse en Galicia unha rede relativamente estable de publicacións comarcais que constitúen un elo básico para a participación cidadá e que, a maioría delas, apoia o proceso de normalización da lingua galega. Estes medios impresos, editados en localidades cunha poboación que varía entre as 10.000 e as 30.000 personas -os ámbitos de difusión acadan ata 50.000-70.000 habitantes-, cumplen o papel de servir de soportes para unha información real, plural e participativa no panorama comunicativo. O modelo comarcal, un modelo propio de Galicica, condiciona a estratexia informativa dos diarios de información xeral e contribúe á existencia dunha oferta informativa complementaria da que fan os diarios. O seu esquema informativo básase na recuperación da función social da subxectividade, con especial atención ás sección de opinión, e na práctica dun periodismo informativo-interpretativo combinado co periodismo de servicios